A formación Adiante Santa Comba facíase eco esta semana do que está acontecendo na capital do Xallas, mentras concellos da contorna como Mazaricos, Coristanco, A Laracha, Malpica de Bergantiños ou Ponteceso, fan unha festa dos maiores, tributo a todo o que deron po lo seu pobo, en Santa Comba este ano non se celebrou, o que xerou críticas entre boa parte da veciñanza.
Moitos deses veciños e veciñas cuestionan as prioridades do goberno local. «apoian un festival de dj’s e non se fai nada para as persoas maiores». O primeiro non decimos que estea mal, pero o segundo tamén estaría ben, afirman
A ausencia da festa dos maiores e a falta de ideas claras por parte do concello alimentan o malestar e deixan aberta a pregunta: «¿por que en Santa Comba non se manteñen estas tradicións cando noutros concellos veciños si se fai?», conclúen dende a formación.