0
Por motivos que se están a investigar o home foise da vía cando circulaba pola avenida de Pastoriza sobre as catro e media da tarde deste sábado.
O exceso de velocidade é unha das causas que baralla a policía local da localidade, aínda que non se descartan outras hipóteses. Ningún outro vehículo se viu implicado no accidente.
A moto foi localizada unha leira situada xunto a estrada. O corpo do condutor atopábase a varios metros de distancia.
Ata ao lugar desprazáronse membros da Policía Local de Arteixo, de Protección Civil e unha ambulancia do 061. Nada pudieron facer por salvarlle a vida.