Falece un motorista que se accidentou en Carnota

0 minutes read

Pasadas as 21:40 horas deste sábado, un particular informou ao 112 Galicia de que acababa de atopar unha moto accidentada fóra da estrada á altura do quilómetro 87 da AC-400, en Santa Comba (Carnota). O implicado estaba a carón do vehículo e precisaba asistencia sanitaria urxente.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e do GES de Muros.

Unha vez no lugar, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.