0
Os servizos sanitarios practicáronlle manobras de reanimación, mais só puideron confirmar o seu falecemento. As forzas da orde traballan para aclarar o acontecido.
Contra as 9:30 horas deste xoves, un particular informou ao 112 Galicia de que había unha persoa no interior dunha piscina situada no lugar de Touceda, na parroquia pontevedresa de Alba. Durante unha das chamadas, un familiar apuntou que permanecía inconsciente e, pola súa banda, os bombeiros confirmaron que cando chegaron xa conseguiran sacar á persoa da auga.
Para este operativo alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Pontevedra e Policía Nacional.
