0
O accidente produciuse no casco urbano da cidade, xunto ao cemiterio municipal de San Froilán. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 19:40 horas deste mércores, a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba dun atropelo no que a persoa implicada estaba inconsciente. De inmediato, desde a central de emerxencias deuse aviso á Policía Nacional e á Policía Local. Finalmente, a persoa, ao parecer un octoxenario residente na zona que se dirixía a un local de hostalería, faleceu no lugar do accidente.
