Ferida unha persoa que sufriu unha caída de moto na Baña

1 minutes read

Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Foi un particular quen, pasados uns minutos das 21 horas do martes, alertou ao 112 Galicia de que acababan de atopar un motorista tendido no asfalto tras caer no quilómetro 5 da AC-546, en Ordoeste (A Baña). Nese momento, o ferido estaba inconsciente.

De inmediato, solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.

Os servizos de emerxencias confirmaron pouco despois de chegar ao punto que a persoa recuperara a consciencia, mais a situación parecía grave. Foi finalmente trasladado polos profesionais sanitarios ao hospital de referencia.