0
O accidente produciuse ás 14:30 horas deste venres en Merexo, Muxía. Segundo confirmou un familiar que contactou co 112 Galicia, a caída do home, de mediana idade, produciuse dentro do ámbito doméstico, xusto cando trataba de limpar o tellado do garaxe, presentando unha ferida aberta nunha perna.
Co fin de ofrecerlle a asistencia médica necesaria, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou á zona unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. O equipo sanitario empregou este mesmo recurso para o seu posterior traslado ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Este operativo completouse cunha patrulla da Policía Local de Muxía.
