0
Axentes do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, comisaron un total de 4.000 quilos de bocarte no marco dun operativo de control e inspección realizado por terra no porto e na lonxa de Corcubión.
A intervención foi levada a cabo pola Unidade Operativa de Servizos Centrais e saldouse co levantamento dunha acta de presunta infracción por incumprimento da normativa vixente en materia de pesca marítima. Tras a súa inspección e correcta identificación, a totalidade da mercadoría incautada foi doada e entregada a un centro benéfico.
