O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, situou este sábado o III Encontro Médico de Bergantiños como un destacado espazo para achegar a medicina á cidadanía. Esta iniciativa está impulsada polos médicos Alejandro Ávila e Juan Carlos Díaz del Valle, coa colaboración do Concello de Carballo e do Colexio Oficial de Médicos da Coruña.
Neste senso, o encontro, no que tamén estivo presente a delegada da Xunta, Belén do Campo, e o xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde, serviu para fortalecer os vínculos entre os facultativos e poñer en valor a súa achega á sanidade e á sociedade.
Gómez Caamaño tamén tivo palabras para o doutor José Manuel Lado Romero, destacado psiquiatra e antigo director do Hospital Psiquiátrico de Conxo, homenaxeado nesta edición porque o seu compromiso cos pacientes se demostraba máis alá da actividade asistencial.
