0
Sucedeu arredor da unha e media da tarde deste domingo na Travesía dos Rosais. A policía acudiu ao lugar tras recibir o aviso de que un home estaba deitado na beirarrúa cunha puñalada no pescozo. A vítima, de 55 anos, estaba preto da súa casa. Un médico que pasaba po alí prestoulle os primeiros auxilios, pero só puido confirmar que falecera. A Policía Nacional trata agora de localizar o autor dos feitos. Segundo fontes policiais, na zona hai cámaras de seguridade, e unha delas apunta directamente ao lugar onde se puido producir o apuñalamento, o que será clave para identificar formalmente o autor do crime.