0
Segundo informou o 112 Galicia, arredor das 11:40 horas, recibiuse a chamada dun particular que informaba da presenza dun corpo flotando na auga, concretamente na zona comprendida entre a praia e o porto de pesca.
De inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén se requiriu a intervención dos Bombeiros da Coruña, de Protección Civil e dos axentes da Policía Nacional, Policía Local e Guardia Civil. As forzas da orde traballaron no lugar para tratar de esclarecer as circunstancias que rodean este suceso.