Na UCI en estado grave un mozo de 18 anos acoitelado no barrio coruñes dos Mallos por outro home que foi detido

1 minutes read

Os feitos sucederon nun piso da rúa Ramón Cabanillas, no barrio coruñés dos Mallos. Segundo apuntan as primeiras investigacións o mozo de 18 anos levaba varios días visitando este domicilio onde, segundo apuntan os veciños, adoitan acudir toxicómanos. Nesta ocasión e por motivos que se descoñecen, produciuse unha liorta que acabou cunha coitelada no tórax do mozo. Ao lugar desprazouse urxencias médicas que se encagou do traslado ao CHUAC onde permanece ingresado na UCI en estado grave, segundo o último parte médico facilitado. Mentres, a Policía continúa coas investigacións para esclarecer este suceso. Hai un detido como suposto autor do acoitelamento.