O alcalde de Arteixo reclama que as infraestruturas do porto exterior repercutan en beneficios para a veciñanza

1 minutes read

Carlos Calvelo, volve a reclamar que as grandes infraestruturas ligadas ao porto exterior de Punta Langosteira tamén repercutan en beneficios reais para a veciñanza de Arteixo. No acto do traslado definitivo das instalacións de Repsol ao porto exterior, Calvelo foi claro:

Industria sí, pero convivindo co territorio

As molestias levan anos… as compensacións seguen pendentes

Entre as demandas prioritarias está o enlace de Suevos e Meicende, clave para:

• Reducir o tráfico pesado polo núcleo

• Mellorar a mobilidade

• Garantir un uso real das infraestruturas para a cidadanía

Máis de 20 anos de obras (porto, autovía, ferrocarril) e investimentos millonarios

Infraestruturas con 100 % do trazado en Arteixo que non prestan servizo ao municipio

“A inversión pública debe xerar melloras para os veciños, non só para o tráfico industrial”

O Concello insiste en abrir un diálogo directo co Ministerio de Transportes, unha reunión que leva anos solicitando e que segue sen resposta, conclúe.