A alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, participou hoxe, luns 28 de setembro, no acto de replanteo da obra de ampliación do cemiterio municipal. Os traballos, que se iniciarán nos próximos días, contan cun orzamento total de 150.653,82 euros.
Actualmente o cemiterio conta con 375 panteóns e, en consecuencia, 1.500 nichos e 375 cinceiros. Atendendo á demandada existente para a adquisición de panteóns, o Concello acomete a construción de dous novos bloques de nichos, o que suporá aumentar a capacidade desta infraestrutura creando 25 panteóns, 100 nichos e 25 cinceiros.
Un destes bloques construirase continuo a outro xa existente e disporá de 15 panteóns con 4 nichos cada un, o que fai un total de 60 nichos e de 15 cinceiros. O outro bloque, ademais de funcionar como peche da zona ampliada, disporá de 10 panteóns, tamén de 4 nichos cada un, o que supón 40 nichos e 10 cinceiros.
Paralelamente, urbanizarase a zona ampliada mediante a execución de viais, unha rampla e unha escaleira para facilitar o acceso aos dous novos bloques de nichos, dando continuidade así ás vías xa existentes no interior do cemiterio municipal.
