O Concello de Malpica de Bergantiños iniciou as obras de rehabilitación do Parque e Campo da festa de Santiso, unha actuación que ten como finalidade mellorar e acondicionar este espazo de uso veciñal.
Os traballos foron adxudicados á empresa Instalaciones Bahia Park S.L. por un importe de 44.394,90 euros.
A actuación está financiada mediante unha axuda do Programa de creación, mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados a servizos municipais 2026, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.
A intervención permitirá rehabilitar e mellorar as condicións deste espazo público, favorecendo a súa utilización por parte da veciñanza e contribuíndo á posta en valor dos espazos de encontro e convivencia da parroquia.
Desde o Concello de Malpica destacan a importancia de continuar actuando sobre os espazos públicos das distintas parroquias, mediante investimentos destinados á súa conservación, mellora e adecuación ás necesidades da veciñanza.
