O Ministerio para a Transición Ecolóxica adxudicou a posta en marcha dunha central hidroeléctrica reversible en Meirama

1 minutes read

O Ministerio para a Transición Ecolóxica adxudicou a Coventina Renovables, filial de Tasga, o concurso público para poñer en marcha unha central hidroeléctrica reversible en Meirama, no concello de Cerceda. O director executivo da empresa, Jesús Berzosa, asegura que este tipo de instalacións, que poden xerar electricidade e almacenar enerxía ao mesmo tempo, funcionan como unha batería pero con características diferentes e salienta a importancia destas centrais nun momento no que se está a producir un cambio estrutural sen precedentes do sistema eléctrico, pola expansión das enerxías renovables. Para casar a oferta e a demanda en condicións de garantía e estabilidade é necesario un sistema de almacenamento que resolva as cuestións técnicas que poidan xurdir, como desaxustes na produción ou cambios de frecuencia. conclúe.