O presidente do partido, Diego Calvo, mantivo unha reunión de traballo cos representantes da formación nos concellos de Carballo, A Laracha, Coristanco, Malpica, Laxe, Cabana de Bergantiños e Ponteceso.
Acompañado polo Secretario Xeral na provincia da Coruña, Evaristo Ben, e polo vicesecretario de Organización e Territorio, Gonzalo Trenor, Calvo dirixiuse aos representantes dos populares presentes para insistir en que o seu partido afronta as municipais do próximo ano co claro obxectivo de alcanzar o goberno da Deputación da Coruña.
Nesta liña, o líder dos populares, que aproveitou para facer balance e coñecer de primeira man a situación política na que se atopan os municipios desta comarca e os seus problemas, adiantou que nas próximas semanas a súa formación comezará a dar coñecer o nome dos candidatos.
O presidente popular recalcou que o PP é un “valor seguro”, á vez que incidiu na necesidade de que a súa formación se presente como “unha alternativa sólida” ante un PSOE en clara descomposición, concluíu.