Os socilalistas rexistran diversas mocións para reclamar no pleno cuestións que considera de gran importancia para Coristanco e a súa veciñanza.
Por unha banda, piden á Alcaldía que inicie de forma inmediata os trámites necesarios para a restauración integral do Cruceiro de San Salvador de Erbecedo, conforme á normativa de protección do patrimonio cultural.
Sinalan que este cruceiro é un elemento singular do patrimonio do municipio e que leva máis de cinco anos deteriorado, presentando danos estruturais evidentes que comprometen a súa integridade e conservación. Solicitan tamén unha inspección técnica da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e a substitución do balizamento deteriorado.
Por outra banda, demanda unha conexión directa de transporte público entre Carballo o CHUAC para resposta ás necesidades das persoas residentes en Bergantiños que se desprazan diariamente a zona hospitalaria da Coruña.
Finalmente, reclama tamén, unha vez máis, unha inspección integral das inmediacións do río Anllóns, especialmente no contorno do Refuxio de Verdes e da ponte medieval de Pontedona, co obxecto de identificar os puntos que precisan actuación.
Dende o PSdeG consideran que Augas de Galicia debe realizar de maneira urxente os traballos necesarios de limpeza e retirada de maleza, árbores caídas, troncos e outros restos acumulados no cauce e nas marxes do río, entre outras medidas destinadas a garantir a boa conservación da contorna.
