Ocorreu preto das dúas a madrugada deste domingo nun inmoble situado na Rúa Nicomedes-Pastor Díaz.
A orixe do incendio estaba no primeiro piso, onde resultaron calcinadas dúas habitacións e o fume causou danos por toda a vivenda.
As chamadas ao 112 Galicia sucedéronse despois dun primeiro aviso, que permitiu localizar a emerxencia e activar os protocolos para a mobilización dos recursos necesarios, isto é, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros da Coruña, Policía Local e Policía Nacional.
No interior do piso afectado había persoas, como tamén no resto do edificio, polo que procedeuse ao desaloxo preventivo mentres duraron as tarefas de extinción e comprobáronse as boas condicións de habitabilidade.
Sen embargo, e segundo relataron algunhas das persoas que se comunicación co 112 Galicia, o fume estendíase rápido polo edificio e moitas persoas resultaron afectadas. De feito, once tiveron que ser atendidas polos equipos sanitarios e nove delas necesitaron o traslado ao centro hospitalario. Ningún caso grave.
Pola súa banda, os bombeiros remataron a extinción do incendio, que, explicaron, puido comezar nun patinete eléctrico. Arredor das seis dea madrugada, as persoas desaloxadas puideron volver ás súas vivendas.