A Fundación para a Pesca e o Marisqueo (FUNDAMAR) puxo hoxe punto final á súa campaña de Prevención de Riscos Laborais (PRL) 2026, unha iniciativa destinada a promover a saúde laboral e previr as lesións musculoesqueléticas entre as persoas profesionais do marisqueo a pé, mediante programas de exercicio terapéutico adaptados ás esixe ncias físicas desta actividade.
O peche da campaña tivo lugar este mércores, 21 de outubro, en Cabana de Bergantiños, nun encontro coas mariscadoras participantes no programa que contou coa asistencia do alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño Domínguez, representantes do Concello e da xerente de FUNDAMAR, María Caldeiro. A xornada serviu para compartir a experiencia desenvolvida e poñer en valor a importancia de incorporar a prevenc ión e o coidado físico á activ idade profesional do marisqueo.
Esta iniciativa comezou en 2025 con actuacións nos municipios de Poio e Noia. A boa acollida entre as profesionais participantes impulsou a súa continuidade e ampliación durante 2026, cunha nov a edición que incluíu programas de exercicio terapéutico e xornadas de sensibilización en Noia, Muros, Cabana de Bergantiños e Barallobre, consolidando así unha liña de traballo centrada na prevención e na mell ora da saúde laboral do sector.
O programa baséase en sesións prácticas nas que se combinan exercicios orientados á prevención de lesións, á recuperación funcional e á mellora da condición física. As actividades están deseñadas por profesionais da fisioterapia especializados no ámbito deportivo, tend o en conta as particularidades do traballo no marisqueo a pé, caracterizado pola adopción de posturas forzadas, os movementos repetitiv os e unha elevada carga física.
A través destes adestramentos trabállanse aspectos como a conciencia corporal, a educaci ón postural, a mobilidade, a forza e a resistencia física, co obxectivo de reducir o risco de lesións, mellorar a capacidade funcional e favorecer un desenvolvemento máis s eguro e saudable da actividade marisqueira.
Ademais da súa dimensión preventiva, a campaña busca sensibilizar sobre a campaña busca sensibilizar sobre a importancia do autocuidado e da incorporación de hábitos saudables á rutina importancia do autocuidado e da incorporación de hábitos saudables á rutina laboral, proporcionando ás profesionais ferramentas prácticas que plaboral, proporcionando ás profesionais ferramentas prácticas que poidan oidan aplicar no seu día a día.aplicar no seu día a día.
Con esta nova edición, FUNDAMAR reafirma o seu compromiso coa u compromiso coa seguridade, a saúde e o benestar laboral das persoas que traballan no sector seguridade, a saúde e o benestar laboral das persoas que traballan no sector marítimomarítimo–pesqueiro, apostando por iniciativas que responden ás necesidades pesqueiro, apostando por iniciativas que responden ás necesidades reais do colectivo mariscador e contribúen a mellorar a súa calidade de vida e reais do colectivo mariscador e contribúen a mellorar a súa calidade de vida e as súas as súas condicións de traballo.condicións de traballo.
