Ponteceso homenaxea ás persoas maiores do municipio

1 minutes read

Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores  o Concello de Ponteceso quixo aproveitar para recoñecer o papel fundamental das persoas maiores do municipio, así como a súa contribución á historia e á memoria do concello.

O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez, visitaron este xoves, con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, os centros de maiores do municipio. Durante a xornada, os representantes municipais compartiron momentos cos usuarios e usuarias dos centros.

A celebración serviu para poñer en valor a importancia de acompañar, coidar e dar visibilidade ás persoas maiores, recoñecendo toda unha vida de experiencias que forman parte do patrimonio humano de Ponteceso.