Presentado en el MACCMO de Corme el libro de Manuel Regueiro González-Barros


O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO) acolleu a presentación do libro «O tesouro de Brando», de Manuel Regueiro González Barros, presidente do Ilustre «Colegio Oficial de Geólogos». Estivo acompañado polo profesor José Ramón Vidal Romaní e a tradutora Julia Ures Villar.
Ademais, tamén tivo lugar o encontro titulado «Viaxe de Mourelle a Alaska en 1779», a cargo da Asociación Ínsua de Viastela, enmarcado nos actos que conmemoran o bicentenario da morte do ilustre navegante natural de Corme (1750-1820). O pasado anos cumpríanse 200 anos da súa morte, pero debido á situación sanitaria pola pandemia quedaron eliminados todos os actos públicos.
Esta semana o MACCMO de Corme recibiu novas obras que virán a engrosar a colección da Fundación Torre-Pujales. Entre os artistas destacan Carlota Cuesta, Jesusa Quirós, David Lechuga, Darío Basso, Eduardo Roldán, Óscar Estruga, Lorenzo Ugarte e Liébana, entre outros.