Recuperado o cadáver dun home nas inmediacións da Torre de Hércules

0 minutes read

O 112 Galicia recibiu o aviso pasadas as dez desta mañá, cando a embarcación Punta Seixo Branco de Gardacostas recolleu o corpo sen vida dunha persoa. Previamente, fora avistado pola tripulación dun pesqueiro a unha milla ao norte da Torre de Hércules, na Coruña. Custodiado por axentes da Policía Autonómica, o cadáver permaneceu a bordo da embarcación de Gardacostas ata a chegada da lancha patrulleira da Garda Civil para a condución do corpo ata o Porto de Oza. Os axentes de seguridade traballan na súa identificación.