Tal e como trasladou o 112 Galicia, foi un particular quen alertou ás 8:40 horas deste luns da presenza do cetáceo no areal. Emerxencias pasou o aviso a Salvamento Marítimo, á Garda Civil, a Policía local, Protección Civil de Arteixo e Gardacostas de Galicia. A balea duns seis metros tivo que ser remolcada a mar aberto tras aparecer varada na praia de Sabón, en Arteixo., aínda que finalmente terminaría falecendo.
Segundo ampliou Salvamento Marítimo, Protección Civil alertou os Controladores Marítimos da Coruña, solicitando asistencia para remolcar o animal, que se atopaba próximo ao dique do porto exterior.
Ata o punto desprazouse a embarcación de rescate Salvamar Betelgeuse, que remolcou á balea. Finalmente, ás 11:40 horas o cetáceo xa non se atopaba varado, pero en coordinación coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), atopábase baixo vixilancia para ver se tiña autonomía para poder nadar, pero non foi posible que sobevivise.