Sucesos | Incendios en dúas vivendas de Negreira e Boiro | Accidente de tráfico cun ferido na AG-11 en Boiro

1 minutes read

Os bombeiros do parque Provincial de Santa Comba foron alertados pasadas as 14:30 horas deste domingo dun incendio que se orixinou na cociña dun domicilio da avenida de Santiago, na localidade de Negreira. A incidencia foi ocasionada por un campá extractora que se calcinou por completo sen causar maiores danos persoais ou materiais. Conpletaron o operativo a Garda Civil de Negreira e o GES de Brión.

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro recibiron aviso pasadas as 13:10 horas deste domingo dun posible incendio nunha vivenda da avenida da Constitución, en Boiro. A incidencia foi ocasionada por unha pota esquecida ao lume polo que o operativo consistiu no acceso á vivenda, a retirada do artiluxio do lume e na comprobación das pertinentes condicións de seguridade. O operativo estivo integrado tamén pola Policía Local, Garda Civil e Protección Civil.

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron tamén nun operativo provocado por un accidente de tráfico acontecido na estrada AG-11, á altura do punto quilométrico 22, ao seu paso polo termo municipal de Boiro. O accidente provocou que unha persoa resultase ferida malia non precisar ser liberada do interior do vehículo. Logo de recibir atención in situ foi trasladada ao Hospital do Barbanza. O operativo dos bombeiros provinciais consistiu na desconexión da batería do turismo sinistrado e na comprobación da seguridade.