Susto na AP-9 en Teo tras o incendio nun camión de mercadorías perigosas

0 minutes read

Os Bombeiros do Parque Provincial de Boiro foron alertadas ás 11:47 horas do mércores, 25 de xuño, dun incendio nun camión de mercadorías perigosas na autopista AP-9 no quilómetro 81 dirección Santiago, na área de servicio, no Concello de Teo.

O operativo consistiu na revisión do estado do vehículo, comprobando as temperaturas con cámara térmica na zona das rodas, que foi onde se percibiu o fume.

Na operación participou tamén a Policia Local de Teo.