Un camión envorca en Aranga cortando por completo a A-6 sentido Madrid

0 minutes read

Os bombeiros do parque provincial de Betanzos foron requiridos na tarde deste mércores despois de que un camión que transportaba 40 toneladas de cervexa Estrella Galicia envorcara. O suceso aconteceu no punto quilométrico 553 da A-6, dirección Madrid, ao seu paso polo concello de Coirós. A autovía estivo cortada e ofreceuse un desvío pola N-6 á altura do quilómetro 560. O suceso provocou importantes retencións e numerosos camións permanecían detidos á espera de poder retomar a circulación.