47
O helicóptero de rescate Helimer, de Salvamento Marítimo, localizou e rescatou á persoa do mar e os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Ás 16 horas deste sábado, un particular informara ao 112 Galicia que un home fora arrastrado por unha onda cando pescaba nunhas rochas do lugar do Portiño, en Visma (A Coruña). Aínda que ao principio podía observalo na auga, pouco despois perdeuno de vista.
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Policía Nacional, Garda Civil e Bombeiros e Policía Local da Coruña.