O vehículo que ocupaba saíuse da vía e quedou envorcado.
A vítima quedou atrapada e foi necesaria a intervención dos bombeiros para a súa liberación.
Ás 22:30 horas da noite do domingo, o 112 Galicia atendeu unha chamada de aviso sobre unha colisión frontal entre dous vehículos na AC-223 en Vizoño, Abegondo.
Como consecuencia do impacto, un dos coches implicados envorcou e o condutor quedou atrapado. Por iso, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Ordes para liberar o ocupante, que xa estaba falecido.
Así, malia os esforzos do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, nada puideron facer por salvarlle a vida.
A persoa que conducía o outro coche implicado tamén recibiu asistencia médica, pero, segundo os bombeiros, apenas presentaba danos.