Unha persoa foi trasladada en helicóptero medicalizado tras caerlle un tronco enriba en Santa Comba

1 minutes read

O suceso ocorreu no lugar de Abuín, na parroquia de Ser. Foi un familiar do ferido o que contactou co 112 Galicia ás 17:15 horas deste luns informando do ocorrido. Segundo indicaba, á persoa caéralle un tronco enriba e, aínda que non estaba atrapada, precisaba asistencia sanitaria urxente.

Tras recibir o aviso, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Finalmente, o persoal sanitario mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela ata o punto do accidente para trasladar á persoa ferida ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.