As catro persoas presentaban feridas de diversa consideración e unha delas de mais gravidade.
Uns minutos antes das 14:00 horas deste sábado, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 daba conta do accidente ao 112 Galicia. Así mesmo, un particular comunicaba que se trataba dunha saída de vía dunha furgoneta con cinco ocupantes na N-634, quilómetro 703, no concello coruñés do Pino. Todos eles feridos, pero totalmente accesibles e liberados.
A partir de aí, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Arzúa e de Santiago.
Finalmente, os axentes de Tráfico relataron que foran catro as persoas feridas de diversa consideración, estando unha delas ferida de maior consideración que os profesionais sanitarios estaban estabilizando.
Ata o lugar, tras ser informados polo 112 Galicia tamén acudiu o persoal de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.